Home / Cultura / Actividades na comarca polo Día Internacional dos Museos

Actividades na comarca polo Día Internacional dos Museos

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 21:44

Este venres conmemórase o Día Internacional dos Museos e as salas de mostras da comarca abrirán ás súas portas con actividades para todos os públicos.

No Museo Naval de Ferrol estarán abertas de 9:30 a 20:00 horas con visitas guiadas cada dúas horas. Haberá tamén contacontos infantís ás 10:00, 11:00, 12:00, 17:00 e 18:00 horas. O personal do museo estará vestido de época para a ocasión.

No Museo da Construcción Naval da Fundación Exponav teñen en marcha unha iniciativa do Consello Internacional de Museos que ten que ver coa hiperconexión dos museos. Ás 12:00 horas está programada unha visita guiada de balde.

O Océano Surf Museo de Valdoviño, na Casa da Cultura, tamén haberá un percorrido guiado a a cargo de Vicente Irisarri a Jesús Busto, dous dos promotores da exposición. Será a partires das 18:00 horas con entrada de balde.

Namentres, no Museo do Humor de Fene, ás 18:00 horas terán unha visita guiada por Beatriz Seijo na súa mostra Retrospectiva. Ás 20:00 horas dará comezo Anécdoloxía, un monólogo do cómico Oswaldo Digon, con entrada libre e gratuíta ata completar
aforo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*