Home / Ferrol / Ares / As Letras Galegas celébranse con «Historias de neofalantes» na Agrupación de Caamouco

As Letras Galegas celébranse con «Historias de neofalantes» na Agrupación de Caamouco

FERROL360 | Venres 18 maio 2018 | 00:00

A Agrupación Instrutiva de Caamouco acolle este sábado a presentación do libro «Historias de neofalantes» no marco dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas. A cita comezará ás 20:00 horas e contará coa presenza do autor desta obra, Manuel Blanco Dans.

O evento a desenvolver no centro social da Tenencia servirá tamén para «crear un interesante debate sobre a situación do noso idioma», afirma a entidade promotora. A publicación, engade, «é unha escolma de entrevistas de persoas que falaban noutro idioma e decidiron mudarse ao galego, comezando polo seu propio autor».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*