Home / Actualidad / Cortes de tráfico en Fene polo desfile de comparsas do Mércores de Cinza

Cortes de tráfico en Fene polo desfile de comparsas do Mércores de Cinza

FERROL360 | Mércores 14 febreiro 2018 | 10:04

A Concellería de Seguridade de Fene informa que este mércores, de 17.45 a 19.00 horas, procederase ao corte do tráfico das rúas Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais de Fene pola celebración do desfile de comparsas do Entroido 2018.

Ademais, a rúa río Cádavo permanecerá pechada á circulación, de 17.30 a 18.15 horas, pola concentración das comparsas que iniciarán o seu percorrido cara a praza do alcalde Ramón Souto González ao redor das 18.00 horas.

Dende a Policía Local de Fene piden desculpas á veciñanza polas molestias que os cortes de tráfico previstos para este mércores poidan ocasionar e propoñen as seguintes rutas alternativas no horario fixado de peche da circulación:

De Ares-Mugardos dirección Ferrol: Autovía ou en Perlío (para acceder a San Valentín e Ferrol): rúas da Xunqueira, Hortelá e Cruceiro. De Pontedeume-A Coruña dirección Ferrol: Autopista ou autovía. Saída da autopista para Centro de Saúde de Fene: Porta do Sol, Rúa da Fraga e Avenida do Tarrío.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*