ANXO FERNÁNDEZ / CELSO POSADA | De quen vés sendo? | Venres 13 xaneiro 2017 | 11:49
Directo de Esquerdas é un programa de actualidade política cunha ollada de esquerdas e progresista, que se emite en directo os mércores de 18:30 a 19:30 horas na Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos 93.9 da FM.
Somos un programa comprometido coas loitas sociais e comentamos a actualidade desde unha óptica de esquerdas. No programa facemos tertulias sobre asuntos de actualidade como o ensino, a situación da sanidade, dos servizos públicos e sobre temas como as migracións ou o feminismo.
Tamén comentamos as novas de Ferrol e comarca e da Galiza, así como as máis relevantes no Estado e no mundo e falamos dos eventos da semana. O programa está aberto á participazón de todos os movementos sociais que se movilizan pola defensa dos dereitos das persoas e do medio ambiente frente ás agresións do sistema.
Nestes tempos de pensamento único neoliberal é fundamental a unidade das esquerdas, a mobilizazón social, presentar alternativas e aportar solucións para os problemas reais da cidadania.
Directo de Esquerdas ten o obxectivo de denunciar, rebelarse e contribuír na loita contra as políticas ultraliberais, que incrementan as desigualdades e condenan á clase traballadora ao paro, á pobreza, á precaridade e á exclusión social.
Queremos dar voz a todas as persoas que loitan e contribuír a darlles megafonía a esas loitas. Desexamos que no 2017 se acade a xustiza social a través da solidariedade, da loita, do compromiso político e do activismo social.
Queremos conseguir a igualdade real entre mulleres e homes a través da loita feminista. Animamos á mobilización para defender os nosos dereitos, porque os dereitos se conquistan cada día.
Por todo isto pensamos que facía falta un programa así, modesto mais comprometido e que fale claro. Para iso creamos Directo de Esquerdas.