Home / Opinión / De quen vés sendo? / El gallego como asignatura

El gallego como asignatura

ANDRÉS SANJURJO MARTÍNEZ | De quen vés sendo? | Lunes 23 enero 2017 | 9:16

La Consellería de Educación de la Xunta de Galicia debería de coordinar mejor la educación, donde el gallego sea una asignatura con su gramática, ortografía, así como conocer su amplio aporte cultural.

Hace 70 años, cuando yo era un niño, el gallego estaba apartado de la enseñanza (aínda que eu son galego parlante). Ahora creo que tampoco procede hacer lo contrario, pues todas las demás asignaturas se deberían de dar en castellano en toda la comunidad.

Actualmente podemos tener niños de aldeas de Galicia que apenas se entienden con niños de Castilla; por lo tanto, también el castellano se debería hablar en todas las escuelas y coordinarlo asimismo con el inglés, pues estamos en un mundo globalizado y con el español y el inglés nos entenderíamos en cualquier parte.

Hace cincuenta años estuve en Noruega haciendo un curso y hablando con la gente en la calle nos decían que el noruego lo habían estudiado pero solo lo usaban para hablar en su país. Para entenderse en Europa hablaban en inglés. Otro tanto podía ser aquí el gallego.

9 comentarios

  1. En primeiro lugar, quixera dicir que son galego-falante por herdanza paterna (miña nai é gaditana e non o fala) e, por suposto, por convicción. En segundo lugar quixera engadir que, como poderá comprobar, tamén o podo escribir de principio a fin deste comentario.

    Hai 20 anos, cando eu era un neno (e despois, non tan neno) o galego seguía a ser afastado das aulas. Hoxe memso non creo que sexa diferente, vistas as estatísticas negativas no número de nenos que usan o galego como lingua vehicular. Non atopamos na Galiza un só neno que non saiba español, mais sabemos que o número de nenos que non sabe falar en galego é enorme e, desgraciadamente, cada vez maior. Non se engane e, sobre todo, non intente enganar a ninguén.

    Na escolas, sobre todo nas urbanas, non se cumpre nin tan sequera a lei do 50%. E logo responda a esta cuestión…cantos medios de comunicación coñece que utilicen o español e cantos o galego? Estamos constantemente rodeados de español e aínda hai que escoitar que os nenos das aldeas galegas non se entenden cos de Castela, vaia por Deus. Os nenos galegos que aprenden galego, enténdense perfectamente cun neno de Castela e con calquera neno portugués, brasileiro, angoleño, mozambiqueño, etc. Porque calquera persoa, cun mínimo de estudos, sabe perfectamente que o galego e o portugués son falas diferentes dunha mesma lingua, separadas por unha evolución histórica forzosa. Isto significa que un galego, sabendo a súa lingua, pódese comunicar cos máis de 200 millóns de falantes de portugués e mais con 500 millóns de hispano-falantes. Por suposto, sen deixar de lado a importancia do inglés, que ninguén discute.

    Polo tanto, visto que ningún neno (dentro do estado español) ten ningún problema para falar a lingua cervantina, haberá que tomar medidas serias para impulsar a lingua galega no seu propio territorio, que xa ben estúpido soa dicilo. É xa unha cuestión de dignidade como pobo; sabemos que unha lingua que non falan os nenos morre, e así está sendo. Non se trata de que lingua é mellor, de cal ten máis falantes, posto que se así fose estaríamos mirando cara a China. Trátase de que o galego é a nosa lingua, a lingua natural da Galiza, a herdanza dos nosos devanceiros e temos a obriga moral de defendela e conservala, aínda que só se falase neste pequeno recuncho do mundo.

    Para rematar, aínda que se poderían dicir milleiros de cousas, gustaríame citar á nosa maior figura literario-política: “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. Recoméndolle a lectura de “Sempre en Galiza” posto que vexo, polas ideas que declara, que non coñece a figura de Castelao nin a quere coñecer, mais desa lectura podería chegar a comprender o que lle intento transmitir. E remato afirmando que se queremos desaparecer como pobo só temos que deixar de falalo, mais non será o meu caso.

    Un saúdo.

  2. Estoy casi seguro de que nunca ha estado ni en Angola ni en Mozambique, dudo que haya estado en Brasil y, con respecto a esa unidad lingüística con Portugal permítame que le exprese que el portugués y el gallego se separaron así como hace 800 años y que son dos lenguas que evolucionaron desde el latín medieval (eso es lo que sabe todo el mundo, o que el portugués empezó siendo un dialecto del gallego que avanzó con la reconquista de la península a los árabes, que sean un mismo idioma no lo sabe nadie porque es mentira).

    En cualquier caso las personas son sujetos de derecho, no las lenguas. a mí me parece bien que usted quiera que sus hijos estudien en gallego ¿Usted por qué está en contra de que los míos lo hagan en castellano? Ya, porque esto es Galicia… pero es que mis hijos no son gallegos ni yo tampoco y vivimos en Galicia ¿Tenemos derecho a la educación en castellano? O aun más: Mi familia es castellanoparlante ¿Tenemos derecho a elegir? Según sus argumento no es así, lo que pone la protección de una lengua por encima del derecho a la elección de educación… que es lo que no hace muy atractiva su propuesta para todos aquellos que consideran que los países a los que usted hace referencia no son exactamente aquellos con los que tenemos relaciones ni históricas ni comerciales ni de ningún tipo, con la excepción de Portugal, claro está, donde no hacen más que intentar acercarse a España.

    • Boa tarde meu querido amigo. Noraboa por ser a primeira persoa que sabe máis de min que eu mesmo. Pasarei a respostar o seu segundo parágrafo, xa que o primeiro nin merece mención con semellante rigurosidade histórica da evolución filolóxica.

      En primeiro lugar, volvo incidir en que a educación nesta terra non chega a impartirse en galego nin nun 50%, a pesares de que os libros se merquen en galego. Non teña medo polo seus fillos, estou completamente seguro de que coñecerán ben esa única lingua que paga a pena saber, xunto co inglés. Eu prefiro que os meus saiban cantas máis mellor, sen renegar do español nin do inglés.

      En segundo lugar, con respecto a que o dereito é das persoas e non das linguas…quixera dicir (por se non o sabía, aínda que seguramente si) que existen sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos que negan esta mentira. Se son os cidadáns os que posúen os dereitos lingüísticos, estes dereitos poderíanos exercer eses cidadáns en calquera territorio onde residisen, ou por onde circulasen. Vexamos, se todos os españois temos os mesmos dereitos, como proclama a Constitución, un castelán de Valencia ten os mesmos dereitos lingüísticos que un galego de Lugo (poñamos por caso), independentemente de se os dous viven en Madrid, Sevilla ou León. Isto, de facto, suporía a cooficialidade de galego, éuscaro e catalán en toda España. Isto mesmo é o que acontece en Irlanda co gaélico e o inglés,e en Finlandia co sueco e o finés.

      Polo tanto, se o que vostede di é certo, os galegos temos dereito a vivir en galego en calquera parte do Estado español porque os dereitos son das persoas e non das linguas. É así logo? Pois marcho que teño que marchar, quedei co chino do bazar do barrio para matricular ao seu fillo nun colexio onde lle falen chino.

      Poderíame despedir en portugués, mais teño medo de que non me entenda.

      Adeus (este foi fino)

      • Me encanta cuando me responden de forma demagógica a argumentos lógicos e históricos. Yo de usted no sé una palabra, pero en España hay una constitución que dice del castellano y del gallego lo que dice. No hay una sola sentencia del tribunal europeo de derechos humanos que niegue el derecho a la libre elección de enseñanza. Sus mentiras nos hacen ver que el portugués y el gallego son la misma lengua porque a usted le dé la gana, sin tener una norma común, una gramática común ni una literatura común. Si usted me escribe en portugués a lo mejor lo entiendo y a lo mejor no, si me escribe en árabe, chino o gaélico lo único que entenderé es que usted no quiere que le entienda. Toda su suficiencia y prepotencia no me hacen ver nada más que usted no está debatiendo, sino aseverando, como todos los nacionalistas… aunque no son más que una minoría que por suerte va perdiendo apoyos día tras día porque su idea de la libertad es que todos hagamos lo que ustedes quieren. ¡Si es que ni siquiera es capaz de aceptar que sus hijos estudien en gallego y los míos no! Qué pèna de gente,tratando de imponer cuando no convencen más que a sus adeptos.

        Increíble que no sepa,por cierto, que no vive en China y que un las lenguas co-oficiales sólo lo son en su territorio.

        • Bo día meu entrañábel amigo! Iremos por partes…contestando a todas as túas…ideas.

          Demagoxia: Política baseada en agradar ao pobo satisfacendo as súas aspiracións e intereses e fomentando as súas paixóns para manexalo mellor.

          Esa é a defición exacta da palabra demagoxia que vostede me atribúe. Pois ben, dígame como se pode ser demagogo cando un vai contracorrente? Como ben dixo, as xentes que defenden a lingua galega son minoría e, cada vez son menos, non é? Dígame, polo tanto, coas miñas ideas demoníacas como se pode ser demagogo. Sigamos pois.

          Onde van eses argumentos lóxicos e históricos? Até agora só se limitou a negar o estreito parentesco entre o galego e o portugués. Que argumento é ese? O portugués, orixinariamente, naceu como un dialeto do galego (e chamarémoslle galego a ese idioma orixinario posto que a Gallaecia xa existía, mentres que Portugal foi constituído moi posteriormente). Ese idioma foi madurando ao longo da Idade Media e coñecerá, supoño, as fermosas cantigas trobadorescas, escritas nese galego-portugués, un idioma único que abranguía toda esa franxa occidental da Península despois da Reconquista contra os árabes, quedando o sur moi influenciado por dialectos mozárabes. Porén, norte de Portugal e a Galiza seguiron falando exactamente o mesmo, con pequenas variantes como en calquera outra cultura. Por suposto, despois chegaría a famosa Doma y Castración del Reino de Galicia, na etapa dos queridos Reis Católicos, que tamén coñecerá. O intento unificador e as medidas tomadas dende esta etapa foi un claro prexuízo para a lingua, sobre todo no eido oficial e literario, de aí o longo silencio até o século XIX. Mentres en Portugal florecía (como dicía Castelao) o galego, pasado a chamar portugués. Folga dicir que as xentes das clases máis humildes seguiron falando exactamente o mesmo que falaron sempre coa evolución peculiar de cada zona (pois até na propia Galiza hai pequenas variantes dialectais froito da ausencia dunha norma común oficial). O traballo de desprestixio da lingua galega (sobre todo na etapa da ditadura) e a ausencia da lingua na ensinanza fixo, como podes adiviñar, medrar as diferenzas cos irmáns de alén do Miño. Mais amigo, aínda hoxe existen menos diferenzas entre un galego do sur e un portugués do norte, que entre un portugués do norte e un portugués do sur. Tonterías as xustas.

          A min non me da a gana de que sexan a mesma lingua, a gana doulla á Historia, que é caprichosa.

          Doutra banda, di vostede suficiencia e prepotencia.

          Suficiencia: Carácter, ton ou actitude da persoa que se sobreestima, que mostra excesiva seguridade en si mesma e menospreza a axuda e o consello dos demais.

          Prepotencia: que abusa do seu poder ou fai alarde del.

          Vistas as definicións, coido que volven estar mal empregadas. Son unha persoa que intenta escoitar cada opinión, sen faltar ao respecto e expoñer as miñas ideas tratando de ser o máis obxectivo posíbel. Respecto á prepotencia, acaso teño algún poder do que abusar? Nin o teño nin me interesa.

          Tamén queixera dicir, respondendo ás súas palabras, que en ningún momento afirmo ser nacionalista. Ademais, vostede dio como algo negativo, como se menospreciase a opinión dunha persoa con esa ideoloxía, doutra banda lexítima. Por certo, o que non menciona é que clase de nacionalista, posto que non existe unha soa.

          Alégrame ver, ademais, que quitou vostede a máscara e deixa ver ese odio que se deduce do seu comentario: “como todos los nacionalistas… aunque no son más que una minoría que por suerte va perdiendo apoyos día tras día”. Para máis información, quixera aclarar que os nacionalistas dos que fala (supoño que galegos) non creo que intenten impoñer nada, alén de facer políticas que favorezan a supervivencia dunha lingua maltratada por antiguas e presentes políticas ao longo da Historia. Conservar unha lingua, nada máis. Porque en ningún momento se rexeita aprender o español nin o inglés (lingua esta última que non vemos como imposición, por certo). Ah, por certo, os que defenden a lingua natural do seu territorio non se chaman nacionalistas, chámanse persoas racionais. Ademais, o nacionalismo para referirse a Galiza está desfasado posto que hai moito tempo que se recoñeceu a Galiza como nazón (non só o di Pondal nos Pinos, tamén no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, celebrado en outubro de 1933).

          Por último, acepto perfectamente que os seus fillos estuden só en español, ninguén está obrigado a ficar na Galiza.

          Bicos!

          P.D. O comentario sobre o chino era retranca.

  3. I don’t know why you write this article in the language of the gardeners, we don’t need spanish in our globalised world.

    And of course I don’t know why your second name is Sanjurjo, i suposed that before the fascism it was Sanxurxo, but now you can change it and you can be Andrew Saint George , it’s better for us to understand.

  4. O máis interesante do artigo é saber que en Noruega falan noruego entre eles.

    Tiña medo de que alguén lles impuxera o galego como nos fan aquí.

  5. Outra vaca no millo! pedir que non existan é pedir o demo e a aña.

  6. Que mágoa que alguén ouse pedir publicamente nun xornal que se estude unha lingua coma xa morta, coma cando estudabamos latín no instituto. Que mágoa non aproveitar a capacidade das nenas e nenos de acumular coñecementos, porque son persoas inquedas, abertas e con capacidade de aprender, cousa que moitos adultos non mostran. Unha mágoa que a xente use o inglés para tentar arredar o galego da educación. Está demostradísimo que os bilingües aprenden linguas con mais facilidade, e que dicir xa da comunicación nos países lusófonos? A min persoalmente chega a parecerme molesto que se neguen experiencias que moitas disfrutamos no país veciño e noutras terras. 4 meses no Porto e conseguin o DIPLE sen preparalo. Está demostrado que os que defendemos o bilingüismo somos os primeiros que temos interese no inglés, o mesmo que temos interese no portugués, no italiano, no alemán, no catalán, no sami, e no que cadre! O coñecemento do castelán non está en perigo, está en perigo a educación dos nenos nas ganas de adquirir coñecementos e cultura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*