Home / Ferrol / San Sadurniño / Fálame de San Sadurniño fai as maletas para participar este xoves nos premios ACTing en Xenebra

Fálame de San Sadurniño fai as maletas para participar este xoves nos premios ACTing en Xenebra

Falame de San Sadurnino

FERROL360 | Mércores 23 setembro 2015 | 14:17

Este xoves coñeceremos o proxecto gañador dos premios europeos ACTing, sobre envellecemento activo e inclusión dixital, e cruzaremos os dedos para que a sorte estea do lado de Fálame de San Sadurniño. A cidade suíza de Xenebra acollerá o acto de clausura destes premios nos que participan 36 iniciativas de España, Italia, Romanía e Suíza.

Carmen Suárez, Cruz Piñón e Consuelo Picos serán as encargadas de defender o proxecto cunha presentación coa que reivindicarán o traballo feito en Fálame de San Sadurniño. Suárez é a principal impulsora da plataforma colaborativa, mentres que Piñón e Picos foron as dúas mulleres maiores de 60 anos que máis se implicaron no proxecto desde os seus inicios, en maio de 2013.

A responsable da Aula Cemit tamén destaca que Fálame de San Sadurniño é unha iniciativa que «pertence ás máis de 230 persoas que teñen colaborado, con máis de 700 historias e con máis de 400.000 páxinas ou fotografías vistas». Ademais, sinala que «chegar ata aquí é un éxito para todas as persoas que colaboran» na iniciativa.

Tamén indica que «temos que sentir orgullo de que unha iniciativa humilde como a nosa, dun lugar pequeno como San Sadurniño, e en galego, represente a España neste concurso. Iso xa é un premio en si, non esperamos máis nada».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*