Home / Actualidad / Gañemos CCOO pide explicacións pola actitude do presidente de Navantia Australia

Gañemos CCOO pide explicacións pola actitude do presidente de Navantia Australia

Presentación de las F-110 en Navantia Ferrol (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

Presentación das F-110 en Navantia Ferrol (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 00:00

A corrente crítica Gañemos CCOO solicitou «explicacións» a Navantia e SEPI tras publicarse na prensa océanica un anuncio a instancias de Warren King, presidente de Navantia Australia, pedindo «parar calquera nova perda de emprego no naval de Adelaida». Apostaba no mesmo por unha «transición» que remataría nunha «compañía de xestión e propiedade» de Australia.

Neste aspecto, referíase á opción de «transferir todos os dereitos de deseño e exportación das fragatas F-5000 de Navantia Australia, con toda a propiedade intelectual xestionada e en mans» de titulares daquel país. Considera que a firma «di que pasará totalmente a mans» autóctonas ese programa, asumindo «todos os dereitos de deseño e exportación dese modelo».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*