Home / Opinión / De quen vés sendo? / Juan Carlos Alonso, caricaturista

Juan Carlos Alonso, caricaturista

caricatura

Suso Piñeiro | De quen vés sendo? | Viernes 22 julio 2016 | 8:37

Con motivo da Festa da Caricatura.Cidade de Ferrol, achegámonos á obra de Juan Carlos Alonso nunha mostra orgaizada polo Club de Prensa de Ferrol e que ten como coordinador ao seu presidente Siro.

Juan Carlos Alonso (1886-1945) naceu en Ferrol e foi un máis naquela gran epopea da emigración a América a finais do XIX e primeiros do XX. Fillo dun contramaestre da Armada chega a Arxentina con quince anos. Comeza dende abaixo, traballando no que pode: comercio, hostelería, ata que consigue no 1902 entrar na revista Caras y Caretas, na que traballa outro gran caricaturista, o galego José María Cao.

Por aquel tempo residía na Pampa arxentina Castelao, que era ávido lector da revista, e onde aprendeu o abecedario desta técnica. Aquí Juan Carlos Alonso é onde se fai profesional do debuxo e co tempo pasa a colaborar noutras revistas ao mesmo tempo que traballa o cartelismo e a pintura.

No 1909 consigue o seu primeiro premio cun cartel feito a pastel titulado Dernier Cri para unha empresa de tabaco, cunha linguaxe xa modernista. No 1915 convócase en Buenos Aires un concurso de caricaturas personales de Pastora Imperio ao que acuden casi todos os caricaturistas da cidade. Juan Carlos Alonso consigue o primeiro premio que eran 1000 francos.

No 1917 fai a súa primeira exposición individual na sala Witcomb, onde presenta moitos gouaches, xa coñecidos por telos publicado en diversas revistas.Nesta exposición fragua a súa fama de pintor arxentino.

É así como viaxa a París, Brasil e España para presentar a súa obra, recibindo en todos lados unha moi boa crítica. Mesmo Ignacio Zuloaga, de quen algún crítico tiña dito que se parecían as súas pinturas, mándalle unha carta para alentalo a seguir no seu camiño.

Aparte dun pequeno traballo de Siro López no Ferrol Análisis, é imposible atopar reproducións da súa pintura como para poder comentala. E da súa obra de caricatura temos nesta exposición da Festa da Caricatura unha mostra. Alonso maniféstase como un artista netamente arxentino, polos temas, xa que caricaturiza a toda a sociedade bonaerense, pero técnicamente podemos dicir con Siro que é un ecléctico.

Nuns momentos aposta pola sinxeleza da liña, seguindo a caricatura alemá, noutros vota man do expresionismo, outras veces o volume, como na escola francesa, pero non desbota a cor, todas estas notas estéticas forman parte da súa linguaxe.

Arxentina recibiu a galegos que chegaron ao máis alto dentro do mundo da caricatura ou do debuxo. Xa falamos de José Mará Cao, pero non debemos esquecer a Federico Ribas, que chegado a Buenos Aires no 1908, tamén pasa por Caras e Caretas, e volto a España, no 1916, tivo que exiliarse no 1936.

É de agradecer ao Club de Prensa de Ferrol que reivindique a quen chegou ao mais alto da arte, lonxe da Terra.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*