Home / Deportes / Baloncesto / Lino López, novo seleccionador español U16 de baloncesto feminino

Lino López, novo seleccionador español U16 de baloncesto feminino

Imagen del Star Center Uni-Lointek Gernika (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

Imaxe do Star Center Uni-Lointek Gernika (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 00:00

Lino López foi confirmado como novo seleccionador español U16 de baloncesto feminino. Por primeira vez, asume un equipo do combinado estatal, feito que levou ao Star Center Uni, que negocia a súa continuidade, a felicitalo «por este novo recoñecemento na súa carreira».

A entidade desexou que teña «un bo papel» dende un «equipo con moita ilusión». Este paso sucede á súa condición de axudante en anos anteriores nas seleccións U17 e U18, tendo agora nese papel a Fabián Tellez, que adestrará o vindeiro curso ao Mann Filter Zaragoza, e a Raquel Romo, da canteira do Perfumerías Avenida.

O clube ferrolán considerou que o «bo traballo que Lino López leva facendo» no conxunto de Esteiro fixo que ascendese «no organigrama técnico da Federación Española de Baloncesto». Estima que se lle «confía un equipo coa intención de mellorar o quinto posto que acadou o ano pasado no Europeo». Agora competirá do 7 ao 25 de agosto en Lituania.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*