Home / Actualidad / Monfero da luz verde aos investimentos do POS+2018

Monfero da luz verde aos investimentos do POS+2018

FERROL360 | Domingo 21 xaneiro 2018 | 13:05

O Concello de Monfero aprobou en pleno extraordinario as obras a realizar con cargo ao POS+ 2018 da Deputación da Coruña. O investimento ascende a 888.413 euros, dos cales 851.904 corresponden á achega do organismo provincial e 29.509 euros proceden das arcas municipais.

A partida destinada á mellora de estradas e camiños municipais, 617.312 euros, contou co visto bo de todos os grupos da corporación e foi aprobada por unanimidade. Mentres que a proposta do goberno local de solicitar unha das liñas que integran o POS+ 2018, un préstamo provincial de 263.417 euros sen xuros e un prazo de devolución de dez anos, foi aprobada cos votos do goberno local e BNG. O PP abstívose.

A través destes fondos, procederase a realizar obras de mellora de estradas e camiños municipais en aglomerado asfáltico nas parroquias do Val Xestoso, Alto Xestoso, Queixeiro e Vilachá (Ortiga, O Xen ás Fontes, acceso ao Xen, a Escoitadoira, Cal do Vilar, Vite e Piñeiro.

Tamén nas parroquias de San Fiz, Queixeiro, Vilachá e Val Xestoso (Lameiro, Visura, Lamelas, as Seixas, das Travesas á Igrexa, da Ponte da Pedra á Cooperativa, Camping-Redondo, Gaspalledo-Gulpilleira, do Casal á Igrexa de Queixeiro, Prada Pequena a estrada AC-151, Foxo a Pandela e Esperón).

Así como nas parroquias de Alto Xestoso, San Fiz e Vilachá (Carballoredondo, Muíño de Moreira a Gotes, Pila da Leña a Illa, Marco do Seixo a Abeal e Penedo-O Val- Naveira-Souto- Pedrón-Casanova- Fonte da Vila).

En canto ao Plan Complementario, inclúense camiños coma o da estrada mosteiro-Muíñovello a Illa, e de Guilfonso a San Bartolomé. A gasto corrente, o Concello destinará 233.181 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*