Home / Actualidad / Monfero repará máis de 8.000 metros de viais municipias con cargo ao Plan Único da Deputación

Monfero repará máis de 8.000 metros de viais municipias con cargo ao Plan Único da Deputación

Obras en carreteras y caminos (foto: Concello de San Sadurniño)
Obras en carreteras y caminos (foto: Concello de San Sadurniño)

Ferrol360 | Domingo 13 agosto 2017 | 12:58

O Concello de Monfero vén de sacar a licitación un proxecto de reparación de camiños municipais, que financia a Deputación da Coruña con 225.088 euros a través do Plan Único.

As reformas realizaranse en máis de 8.000 metros de viais das parroquias de Alto Xestoso, Santa Xiá, Val Xestoso, Taboada, Queixeiro e Vilachá, que presentan un firme en condicións deficientes, polo que as melloras permitirán incrementar a seguridade viaria e ofrecer un mellor servizo aos usuarios.

Na parroquia de Alto Xestoso, as estradas nas que se actuará serán as de Vilar a Hermida, de Vilar a Cruz da Serra, o camiño de O Xen aos Picadeiros, o camiño da Picha a Filgueira e a pista de Caulfe. Na parroquia de Santa Xiá, acometeranse melloras nos viais de Bouza-Igrexa-Canedo e Río Seco-Barral, e na parroquia de Val Xestoso, nos camiños de Reto, Restrebas e Caxiao de Arriba.

Doutra banda, arranxaranse tamén os camiños de Augas Roibas (Taboada), de Campos-Primoy-Villafail e Viñas (Queixeiro), así coma os camiños de Rabuxento, de Prada Grande a Cruceiro-Pontedapedra e o de Vilaxoán, todos eles en Vilachá.

As obras comezarán coa limpeza das estradas con varredora autopropulsada e a preparación da rasante naquelas vías onde sexa preciso. Así mesmo, bachearanse as zonas máis deterioradas e arranxaranse as mordentes.

Posteriormente, pavimentaranse con mestura asfáltica en quente, estendida e compactada, ademais dunha capa de rego de imprimación con emulsión termoadherente. Como remate dos traballos, tamén se limparán as cunetas ou se formarán naqueles camiños que carezan delas. Do mesmo xeito, formaranse e colocaranse taxeas con tubos de formigón.

Mellora dos camiños de San Fiz

Este proxecto vén complementar outra das obras financiadas polo Plan Único no concello de Monfero, e que tamén está actualmente en proceso de licitación. Neste caso, a Deputación destina un total de 112.936,10 euros para a mellora da capa de rodaxe de camiños municipais na parroquia de San Fiz.

As obras consistirán na limpeza da plataforma mediante unha varredora mecánica, a aplicación de mestura asfáltico en quente e a formación e limpeza de cunetas nos camiños de Casal do Salgueiro – carreteira de Castiñeiro Vilamateo, Santo Andrés de Ribeira, Xestal-Villarboi, Areosa, Guitiriz, o cruce das estradas de San Julián de Arca e Campo de Abeledo, e os accesos a Rebordelo e a Acea de Abaixo.

Así mesmo, o proxecto inclúe a creación dun novo tramo de estrada en Gotes, cunha lonxitude de 40 metros e un ancho de 4. As obras comezarán coa escavación do terreo e a formación dun muro de formigón para contención. Posteriormente, formarase o novo firme cunha base de pedra machacada, estendida e compactada, dobre rego asfáltico e mestura bituminosa en quente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*