Home / Actualidad / Mugardos abre o prazo para solicitar o sistema especial de fraccionamento do IBI

Mugardos abre o prazo para solicitar o sistema especial de fraccionamento do IBI

FERROL360 | Mércores 11 xaneiro 2017 | 14:45

Os mugardeses interesados en fraccionar en dous prazos o pagamento do IBI, o imposto de bens inmobles, coñecido popularmente como contribución, xa poden solicitar a súa aplicación. Poderase solicitar para os recibos de bens de naturaleza urbana, sen que se produza o devengo de xuros.

O importe de cada fracción será do 50 % do recibo en curso, aboándose a primeira o 5 de xullo ou inmediato hábil posterior, e a segunda fracción, o 5 de decembro. O prazo para poder pedir este fraccionamento está aberto ata o 31 de marzo.

Para acollerse a este sistema o solicitante debe estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello e debe formular solicitude expresa no primeiro trimestre do ano. Ademais os pagamentos deberán realizarse por domiciliación bancaria e a solicitude incluirá todos os recibos de IBI urbana do mesmo titular.

Desde o Concello de Mugardos indican que a baixada do tipo de gravamen para os inmobles de natureza urbana do 0,6 ao 0,57, suporá no recibo unha baixada dun 3 %. Outras novidades contempladas na modificación desta ordenanza fiscal son a diferenciación de usos, creándose o uso industrial para valores catastrais superiores a 1.500.000 euros cun coeficiente de 0,85.

«Con esta modificación o goberno municipal alivia un pouco as maltreitas economías familiares» e «evita a perda de capacidade económica regularizando unha situación anacrónica, como a inexistencia dos usos industriais diferenciados», sinalan desde o goberno local.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*