Home / Actualidad / Mugardos realizará obras por máis de 500.000 euros

Mugardos realizará obras por máis de 500.000 euros

FERROL360 | Xoves 16 febreiro 2017 | 11:13

O Concello de Mugardos realizará diferentes actuacións no municipio por valor de máis de 500.000 euros. A comisión de obras aprobou este xoves, cos votos do goberno e do PSOE, a proposta de intervencións a realizar.

A financiación da Deputación, a través do POS 2017, ascende ós 316.929 euros, que se complementan cunha inversión municipal de 135.664 euros, ademais da cantidade correspondente ó POS Complementario que ascende a 89.781 euros.

O POS Complementario inclúe as obras de renovación de pavimentos na rúa Casal e na rúa Coruña, e a mellora da rede de pluviais na Avenida do Seixo. Co resto do financiamento construiranse vestiarios accesibles para o Campo Municipal de Herba Artificial e renovaranse os servizos e pavimentos na Travesía Bello Piñeiro e Avenida do Seixo.

Tamén se procederá ao pintado exterior e tratamento de humidades no CEIP Unión Mugardesa, á renovación de servizos e pavimento en Lousido, así como á renovación de servizos e reposición de pavimentos en beirarrúas na Avenida de Galicia.
«Estes proxectos responden ás necesidades avaliadas durante os últimos anos, dende a perspectiva de atender diferentes ámbitos de actuación», sinalan desde o Concello.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*