Home / Ferrol / Narón / Narón entrega as dúas últimas cestas sorteadas na campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre»

Narón entrega as dúas últimas cestas sorteadas na campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre»

Os gañadores recolleron as súas cestas (cedida)

Os gañadores recolleron as súas cestas (cedida)

FERROL360 | Domingo 8 xaneiro 2017 | 14:48

As dúas últimas cestas sorteadas no marco da campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre», foron para Esperanza Rodríguez Rodríguez e Juan Gómez Buyo. Os sorteos realizáronse nos establecementos Temadi e Woonka, respectivamente.

A maiores das catro cestas con produtos de Nadal xa sorteadas, esta proposta estaba dirixida aos pequenos establecementos locais co obxectivo de fomentar as compras nos mesmos. Ademais, inclúe o sorteo, o vindeiro día 11 de xaneiro, de dous vales por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros.

Participará no mesmo a clientela que adquiriu produtos nas últimas semanas nalgún dos 135 establecementos comerciais da localidade adheridos á campaña, onde se lles entregaba unha papeleta para cubrir cos seus datos persoais e depositar nunhas urnas.

As catro persoas que resulten gañadoras destes vales recibiranos o vindeiro día 11 no transcurso dun acto que se convocará no Concello de Narón e deberán gastalos os días 16 e 17 deste mes –estableceranse dúas quendas- nun mínimo de tres comercios locais adheridos a esta iniciativa.

As persoas interesadas en consultar os establecementos participantes poden facelo a través da páxina web da Asociación de Comerciantes de Narón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*