Home / Actualidad / Neda realizará obras de mellora en tres viais con cargo ao POS Plus por valor de 164.000 euros

Neda realizará obras de mellora en tres viais con cargo ao POS Plus por valor de 164.000 euros

Ferrol360 | Venrres 11 agosto 2017 | 9:51

O Concello de Neda sacou a contratación as obras de mellora dos camiños de Viladonelle, Rabadeña-Gunduriz e Costa da Silva-Gunduriz. Unha actuación que ten un orzamento de 164.000 euros, que se financiará con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) Plus da Deputación da Coruña.

Este plan, que unifica varios programas de axudas, permitirá intervir en case 3.400 metros de infraestrutura viaria. Unhas obras que o goberno de Neda espera levar a cabo antes da chegada do mal tempo.

Desde o Concello sinalan que «o acondicionamento das vías de comunicación é unha inversión priori taria nun municipio con máis de 23 quilómetros cadrados de superficie e unha población que non chega aos 5.200 habitantes».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*