REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 23 outubro 2015 | 14:37
O grupo municial do BNG no Concello de Ferrol amosou este venres o seu «profundo rexeitamento» a unha moción de Ciudadanos na que se pide «la adopción de medidas oportunas para reestablecer la situación de legalidad vulnerada» pola aprobación da ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.
Para Eva Espiñera, concelleira do Bloque, «se está a convertir á vítima en vergudo», xa que segundo explicou, esta moción quere derogar unha «suposta e falsa imposición do galego» na administración local. Para a nacionalista, Ciudadanos «non asume, nin entende» a Normalización Lingüística e ao falar de imposición baséase «nunha realidade paralela inventada».
O texto de C’s recolle unha sentenza do ano 2006 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que declaraba ilegais varios artigos da ordenanza do Concello de As Pontes, «idéntica», á de Ferrol, según indican na moción. Así, piden a derogación dos seis artigos co obxectivo de «garantizar la igualdad de derechos lingüísticos de todos los ciudadanos en sus relaciones con el Concello».
Tamén criticou Espiñeira que con esta moción Ciudadanos pretende «recortar aínda máis» os poucos dereitos da ligua galega e cualifica de «desconcertante» que o grupo pida ao mesmo tempo «eliminar dereitos» e «fomentar o seu uso», xa que no texto afirman que «Ciudadanos está a favor de que el gallego se normalice y avance su su en diferentes ámbitos de la vida de Galicia».
Programa da Concellería de Normalización
Desde o BNG tamén criticaron o programa presentado nas últimas semanas pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol porque consideran que se trata dunha «programación aparente» que só desenvolve os programadas impulsados pola Xunta de Galicia e «xa se viña desenvolvendo no goberno do PP», argumentou Eva Espiñeira.
Considera Espiñeira que «non constitúe o cambio que Ferrol precisa» nesta materia e indicou que a programación é unha «decepción» porque a maioría dos actos son continuístas. Neste senso, pediu que se cumpra o compromiso de desenvolver o Plan Xeral de Normalización Lingüística e advertiu que «os pasos que se dan son insuficientes» neste área.
Así, instou ao concelleiro do departamento, Álvaro Montes, a iniciar a revisión da nomenglatura das rúas da cidade e a poner en marcha novas campañas de uso do galego na hostalería e o comercio da cidade. Ademais, Espiñeira censurou as declaracións do edil nas que aseguraba que «non hai que politizar» a lingua e dixo que «esperamos que recapacite».