Home / Cultura / O CEIP O Ramo presentará en xuño a súa compañía de ópera

O CEIP O Ramo presentará en xuño a súa compañía de ópera

Integrantes da Big Bang do CEIP O Ramo (foto: CEIP O Ramo)
Integrantes da Big Bang do CEIP O Ramo (foto: CEIP O Ramo)

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 11:23

O CEIP Plurilingüe O Ramo, de Barallobre, conta coa súa propia compañía de ópera, denominada Big Bang, e que está integrada por alumnos e alumnas de 5º e 6º Primaria. Protagonizan o proxecto LÓVA, ou o que é o mesmo, la ópera como vehículo de aprendizaje. O vindeiro 15 de xuño o grupo realizará unha exposicion do traballo feito e a interpretación da súa peza de ópera.

O alumnado explica que «comezamos o primeiro día de colexio e creamos a nosa compañía que se chama Big Bang. Durante catro horas á semana e ao longo de todo o curso, traballamos as áreas de Lingua e Lengua dunha maneira diferente».

Tamén tiveron que «afrontar diferentes retos e tiñamos que poñernos todos dacordo e comprender que cada un de nós é igual de importante para que isto salga adiante». Ao mesmo tempo, os compeñentes desta agrupación traballaron a atención, a concentración, a cohesión de grupo, a coordinación, e as emocións, que estiveron presentes como un fío condutor ao longo de todo proceso, indican os alumnos.

«Co proxecto aprendemos a ser máis autónomos, a reflexionar sobre os nosos actos, a respectar as ideas dos demais e aceptar as decisións do grupo por encima das nosas individuais», remarca o alumnado. Aseguran que está sendo unha experiencia «moi enriquecedora na que aprendemos como convivir entre nós e na que desenvolvemos traballos distintos para un mesmo fin e na que cada un de nós aporta un gran de area».

O Casino de Barallobre acollerá o vindeiro 15 e xuño, ás 17.00horas, a exposición do traballo realizado polo grupo e a continuación terá lugar a representación da ópera.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*