Home / Deportes / O Club Ximnasia Ferrolterra cólgase dous bronces no Campionato de España

O Club Ximnasia Ferrolterra cólgase dous bronces no Campionato de España

Icía Arroyo coa súa adestradora e as ximnastas promogyms 3 (foto: club Ximnasia Ferrolterra)
Icía Arroyo coa súa adestradora e as ximnastas promogyms 3 (foto: club Ximnasia Ferrolterra)

Ferrol360 | Martes 25 xullo 2017 | 12:59

Excelente actuación das deportistas do Club Ximnasia Ferrolterra no Campionato de España, celebrado en Valladolid. Unha proba na que Ainhoa Tenreiro Mosquera fíxose coa medalla de bronce en Promogym 3 e Icía Arroyo Álvarez acadou tamén o bronce no exercicio de asimétricas de Promogym 1.

«Non podemos estar máis orgullosos dende ó Club das nosas promogyms 3 e 1. Todas competiron a un nivel altísimo en todo un campionato de España, o primeiro ademais no que participa o club nesta nova época, demostrando todo o que adestraron esta tempada», sinalan desde o club.

Nas modalidades de promogyms 3 e 1 participaron un total de 103 ximnastas e 67, respetivamente. Tenreiro Mosquera acadou a primeira medalla do club nun Campionato de España cun fermoso salto e, pola súa banda, Arroyo Álvarez fixo un exercicio de asimétricas sen cometer ningún erro acadando a segunda mellor nota. Pero tras o desempate obtivo a medalla de bronce con sabor a subcampionato.

Participaron en promogyms 3 e 1: Paula Parada Rodríguez, Ainhoa Tenreiro Mosquera, Alba Iglesias Gómez, Judith Lago Varela, Tyesha Vicente Humpries e Icía Arroyo Álvarez.

En nivel 2 competiron: Cintia Fernández Sanmartín e Tatiana López Rivas e en nivel 1: Alba González Gorgullo, Lola Cainzos Díaz e Andrea Martín Iglesias.

Tatiana e Cintia debutaron no campionato cunha grandísima actuación, sobre todo tendo en conta que tiveron un cambio enorme ao pasar da categoría de promogyn 2 a nivel 2. En nivel 1, as tres ximnastas fixeron unha gran competición.

Desde o club indican que «non podemos máis que agradecerlles ás nenas a súa paixón por este deporte e as gañas que lle poñen en cada adestramento, que nos obrigan a non parar de traballar para tentar igualar o noso traballo ao que fan elas durante todo o ano».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*