Home / Actualidad / O concelleiro de Normalización Lingüística presenta a programación deste outono

O concelleiro de Normalización Lingüística presenta a programación deste outono

O concelleiro Alvaro Montes en rolda de prensa (S.R)

SANDRA REGO | Viernes 9 octubre 2015 | 18:20

O concelleiro de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Montes Celeiro, presentou esta mañá a nova programación para este outono de diversas actividades en prol do galego.

Para comezar, Ferrol se encontra nesta Campaña de Outono como transmisor da lingua galega xunto con outras cidades como Pontevedra, Vigo ou Santiago dentro do programa «Apego».

Dentro deste programa desenvolveránse varios obradoiros, o primeiro este 29 de outubro ás 18:45 horas que leva como título A casa encantada, dirixido a nenos de 0 a 6 anos. Para inscribirse está dispoñible ata o 23 de outubro o correo gnl@ferrol.es.

Máis adiante, o 15 de novembro preséntase na capela do Torrente Ballester o obradoiro Prende no colo impartido por Luis Prego e que se realizará entre as 12:00 e as 12:50 horas. Está dirixido para nenos de 0 a 3 anos que disfrutarán xunto ós seus pais de arrolos, xogos de dedos, recitados e cantigas.

A inscrición tamén realizaráse no correo de gnl@ferrol.es ata o 19 de outubro, igual que para as xornadas para o persoal de escolas infantís previstas para o 7 e o 14 de novembro que se impartirán de 10:00 a 14:00 horas no Antigo Hospicio.

Todas as actividades programadas en Ferrol e no resto de municipios pódense consultar na páxina de Apego. Todos aqueles interesados que se apunten ás accións do programa se lles ofrecerá unha caixa con material didáctico e infantil.

Campaña de Nadal e difusión da obra de Manuel María
Así mesmo, a Campaña de Nadal estará dirixida aos máis pequenos da casa e ás familias e o Concello contará cun servicio de Protocolo coas súas maxestades os Reis Magos para que os nenos e nenas poidan enviar dende os colexios as súas cartas personalizadas.

Ademais, o concelleiro sinalou que un dos obxectivos da nova programación é a «difusión da obra de Manuel María, non só días previos ás Letras Galegas do 2016».

Se lle obsequiará ás asociacións de veciños cun libro de Manuel María xunto cun cedé de Uxía cantando os poemas do autor.

Montes añadiu que se realizará tamén a segunda edición do certame literario Carmela Loureiro de microrelato, micropoesía e microteatro para os estudantes de 3º, 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e como novidade, poden participar o alumnado de Formación Profesional.

Dentro da nova programación o edil de Normalización anunciou a exposición do XV certame de Poesía e Imaxe, En galego sen filtro, unha mostra itinerante polos centros de ensino que o demanden e un novo ciclo de cine.

Como vén sendo habitual, os alumnos dos centros escolares visitarán o cine para ver películas en galego os días previos ás vacacións de Nadal e o edil subraiou que «se está a estudar se sería viable facelo con público en xeral e non só estudantes».

Como novidade, realizaránse uns roteiros históricos en torno a «persoeiros da lingua galega» en Ferrol. A primeira ruta organizada será sobre a «pegada que tivo Carvalho Calero» na cidade. Nun principio está orientado ós centros de ensino pero a principios de decembro abriráse cara ó público ata finais de ano.

Aínda que o calendario para estes roteiros non está pechado prevénse dez ou quince rutas sobre acontecementos históricos. Montes adiantou que un dos posibles pode tratar sobre «as Irmandades da Fala», que cumplen o centenario dende a súa creación.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*