Home / Ortegal / Mañón / O Concello de Mañón organiza un obradoiro de envellecemento activo

O Concello de Mañón organiza un obradoiro de envellecemento activo

FERROL360 | Domingo 15 abril 2018 | 11:45

O Concello de Mañón pon en marcha un programa de actividades de estimulación cognitiva e física para persoas maiores cun obradoiro de envellecemento activo que dará comezo o próximo martes 24 de abril en Mañón e Gradas do Sor.

As actividades son de balde e están destinadas a todas as persoas maiores de 55 anos e empradroadas no Concello de Mañón. Os concellos de Grañas do Sor, Ribeiras do Sor, O Barqueiro e Bares tamén colaboran neste proxecto.

Os martes as actividades terán lugar en Mañón e en Grañas do Sor, en horario de 17:30 a 18:30 horas, e 19:00 a 20:00 horas respectivamente.

Mentres, o xoves 26 de abril comezarán en Riberias do Sor, O Barqueiro e Bares, concretamente, nos seguintes horarios: 16:30 a 17:30, 17:45 a 18:45 e 19:00 a 20:00 horas.

As persoas interesadas en participar deben chamar ao departamento de animación sociocultural no teléfono 981 414 002 ou ben mandar un correo ao seguinte enderezo: cultura.deportes@manon.es ata o 23 de abril indicando nome, teléfono e parroquia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*