Home / Deportes / O Galicia de Mugardos fai historia ao ascender a Terceira División

O Galicia de Mugardos fai historia ao ascender a Terceira División

galiciamugardos

RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Domingo 17 maio 2015 | 21:31

A victoria do Galicia de Mugardos este domingo por 1-2 (goles de Álex Díaz e Adrián) ante o Residencia permítelle ao conxunto da Pedreira facer historia e ascender por vez primeira a Terceira División. O equipo mugardés compartirá categoría a vindeira tempada co As Pontes, que pechou este sábado un novo ano deportivo neste grupo.

A afección apoiou de xeito incondicional ao equipo nas últimas semanas, nas que xa se vislumbraba a posibilidade agora concretada. O Galicia de Mugardos pecha esta xornada na segunda posición do grupo norte de Preferente Autonómica, que garante o ascenso directo, só superado polo Negreira, con oito puntos máis que os mugardeses, 79 ante 71.

Publicidad

Banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*