Home / Opinión / De quen vés sendo? / Os cambios na XXXI Volta á Ría Memorial Adolfo Ros están a prexudicar esta histórica carreira

Os cambios na XXXI Volta á Ría Memorial Adolfo Ros están a prexudicar esta histórica carreira

MARCELO RODRÍGUEZ | De quen vés sendo? | Sábado 26 novembro 2016 | 19:10

Me vén á memoria o que representa a Volta á Ría. Memorial Adolfo Ros, como todos os anos que animo aos meus atletas para que participen neste evento. Así foi como animei ao último gañador, veciño de Cádiz e do Club Olimpo, que estaba en Ferrol para facer un curso na Armada.

Conteille como nacera esta carreira, organizada polos catro concellos que rodean a ría, e que un dos motivos principais era facer unha homenaxe en memoria de Adolfo Ros, que faleceu tratando de auxiliar a uns nenos que se afogaban na praia de Doniños. A proba recorda o seu exemplo de entrega aos demais, demostrando o seu valor cívico como o gran deportista que era.

Dentro de dúas semanas correspóndelle organizala ao Concello de Neda, partindo a carreira dende alí. Ante os cambios que se están realizando nas últimas edicións, quero recordar aos organizadores que esta carreira naceu con varios obxectivos, todos eles encamiñados ao principal que era consolidar a Volta á Ría.

Foron unha pelexa durante anos, sendo partícipe en defendelos mentres fun director técnico da Federación Galega de Atletismo en Ferrol. Estes son:

Primeiro: Que como tradición se realizara nunha mesma data. Sempre a semana anterior a Nadal, normalmente ó terceiro domingo de decembro. Isto é moi importante, que todos os participantes saiban que sempre se celebra nesas datas e poden tela na axenda, sendo un bo momento da temporada onde están a facer este tipo de carreiras en ruta: Popular de Santiago, Ourense, etc.

Algúns anos foi Campionato Galego de Media Maratón, con asistencia de atletas como Carlos Adán, José Ramón Rey, etc. (Podo entender que este ano estaba previsto que se convocaran eleccións e cambiaron a data para o día 4 de decembro).

Segundo: Trazado e perfil. Tratar que se mantivera sempre o mesmo percorrido e que o circuíto tivera as mínimas modificacións, como cambios por obras ou nas distintas saídas e chegadas, debido á rotación dos concellos organizadores.

Tratar de homologar a distancia de media maratón, e que sempre rodeara a Ría pasando por As Pías, Av. do Mar en Caranza, Esteiro, Praza de España e toda a estrada de Castela chegando a Neda e Fene co obxectivo de que con este trazado sempre os atletas se vexan arroupados polo público, porque eles son os protagonistas.

¿Qué motivos hai en realizar cambios? Sobre todo no trazado. Paréceme impresentable non pensar nos atletas e inventar un percorrido pola rúa da Trincheira, totalmente inhóspito, evitando parte do recorrido de sempre. ¿É para evitar os cruces de estrada de Castela? Que saiban os organizadores que en cidades como A Coruña, Madrid, Nova York, etc. pechan o centro das cidades para unha maratón durante varias horas e non pasa nada.

¿E por qué cambiar o horario, poñendo a saída as 10h en non deixalo ás 11h como todos os anos? Isto é facer dano á carreira de media maratón máis prestixiosa do calendario atlético.

Para rematar: ¿Que pasa cos premios en metálico? ¿É que este desafío de cerca de 1000 participantes non é tan importante como outros eventos que se realizan na comarca? Por este camiño, e con estes cambios, o único que se fai é dano e acabar có mellor acontecemento deportivo en participantes de toda a comarca.

Marcelo Rodríguez Serantes é entrenador Nacional de Aletismo. Entrenador do último ganador Volta A Ría: Oscar Martinez Canales e actualmente entrenador de varios atletas de Medio Fondo e Fondo.

Un comentario

  1. Jorge García Dios

    Variar el recorrido y cambiar la hora hace que muchos atletas y aficionados no vuelvan, por no tener seguridad de mejorar el mismo recorrido, hacerlo es una forma de restar participación y dar mala información, a lo largo de todas las ediciones se debe ganar en participantes no restar…

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*