LUIS CALVO | ‘Pensando en alto’ | Martes 7 xullo 2015 | 13:08
Hai uns cantos anos teño comentado cos diferentes responsables políticos a sorte que tiñamos en Ferrol-comarca de contar cunha das áreas máis ricas en asociacionismo e participación. Penso que só habería que aproveitar as sinerxias dos axentes sociais e teríamos bastante camiño andado. Esto ben a conto pola chamada e invitación desde as diferentes áreas á participación, que para mín están perfectamente interconectadas tanto ao patrimonio e á historia, como á educación e maila cultura. Só é cuestión de organización.
Lembro ter participado na organización das Festas do ano 1989, -xa sei que eran outros tempos!- con Couce Pereiro como alcalde, nas cales déuselle entrada a citas como o Club Ciclista San Julián; Surf en Doniños con música; comparsas no Carnaval, grupos de teatro afeccionado e musicais; o Toxos con Vila do Conde Rondallas, Carrozas dos comerciantes… cun doble resultado como contentar aos sectores sociais activos e seguidores, así com, abaratar costes, pois eran as propias entidades as que organizaban e o Concello cubría os gastos, co cal o principal esforzo económico podíase adicar a eventos de primeira liña.
Ferrol ten dabondo que amosar e semella que esquecemos o máis importante e que xa esas entidades ou axentes sociais teñen máis que demostrado. En xuño do pasado ano tivo lugar en Ferrol un Congreso de Turismo Industrial e non vou ser eu quen poña en solfa os resultados pero si, como participante, boto de menos non ter aproveitado esa ocasión para ese escaparate que ten Ferrol de historia, patrimonio, praias e cidade.
No 1999, o exécito permitiu usar as instalación de San Felipe para facer un festival que recollía aos da Marcha dos montes de Brión. O ano 2000, douscentos aniversario da famosa batalla que servíu para decirlle aos ingleses como as gastaban os ferroláns, o Exército non só volveu a deixalo para a Recreación da mesma e a representación da obra de teatro de Fra Molinero con grupos da comarca en plenas Festas de Ferrol, senón que tamén a Mariña facilitou a estancia dos participantes de fóra dándolles de comer na Base da Graña e durmir habilitando as instalación do Castelo.
Desde aquela os axentes sociais, homes e mulleres que acadamos aquela celebración temos unha espiña cravada e a envexa de ver como os coruñeses fan a batalla de Elviña ou no teatro de Mérida celebran todos os anos o Don Juan Tenorio por comentar algo semellante que aporte riqueza e turismo á zona.
Non quero extenderme máis nin pensar como temos de abandonado o Castelo, pois hai exemplos dabondo, pero só con San Felipe e Brión chegaría para un bo comezo. O ano 2000 creouse A Batalla co Clube de Montaña, o Ateneo, veciños da Cabana e San Felipe e varios homes e mulleres acadaron meter no Castelo arredor de cinco mil persoas.
Falamos de Historia, de Patrimonio, de Cultura, de Turismo, de Festas e tamén de Educación que levar aos colexios, pois hai vídeos e exposicións en galego, castelán e inglés e instalacións que enseñar aos visitantes. É doado, só hai que poñerse a elo.
Debate sobre el post