Home / Ferrol / Ferrol / Penas de cárcere para tres persoas por simular un accidente para cobrar unha indemnización

Penas de cárcere para tres persoas por simular un accidente para cobrar unha indemnización

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 00:00

A Audiencia Provincial da Coruña impuxo unha pena de seis meses de cárcere a tres persoas por un delito intentado de estafa ao simular un accidente de tráfico para cobrar unha indemnización da aseguradora do vehículo. Ao mesmo tempo, terán que facer fronte a unha multa de 6 euros diarios durante tres meses por estes feitos.

Os acusados urdiron un plan para simular o sinistro cun coche que xa tiña desperfectos na parte frontal e nos laterais. O suceso aconteceu no camiño da Pega, en Ferrol. Un dos implicados solicitou axuda ao guindastre o 27 de maio de 2013, alertando á aseguradora pola existencia de lesionados.

Porén, os investigados xa tiñan lesións previas, que requeriran de asistencia médica. Denunciaron, con todo, este suceso ante o xulgado, reclamando indemnizacións, pero renunciaron en 2014 ás accións civís ao coñecer que a aseguradora estaba a analizar o acontecido.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia afirmou que dous dos acusados, «aínda con diversos matices», recoñeceron ter participado na «manobra defraudatoria». Os maxistrados especificaron que indemnizarán á aseguradora na cantidade de 1.142,59 euros por facturas de gastos médicos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*