Home / Actualidad / Ruiz anuncia que se abre un proceso de diálogo cos veciños sobre o rueiro feminino

Ruiz anuncia que se abre un proceso de diálogo cos veciños sobre o rueiro feminino

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 11:58

A concelleira de Muller de Ferrol, Saínza Ruiz, saiu este mércores ao paso das críticas pola proposta de renombrar un total de 24 rúas de Ferrol para darlles nome de muller. Unha iniciativa, remarcou Ruiz, que partiu do Consello Sectorial da Muller no que participan os sindicatos, os grupos municipais e entidades de mulleres da cidade.

Explicou a edil que se decidiu mudar o nome de rúas, e non reservar unicamente a iniciativa a aquelas novas e que carecen de denominación, para dar ás mulleres propostas o lugar que merecen nos distintos barrios da cidade e non so no extraradio.

En todo caso, Ruiz avanzou que agora se abre un proceso de diálogo cos veciños e indicou que están dispostos a realizar cambios. Neste senso, anunciou que en vindeiras datas manterá unha xuntanza coa asociación de propietarios das ‘Casas de Bazán’ para tratar o asunto.

Así as cousas, a concelleira de Muller sinalou que se trata dunha proposta inicial e que en Ferrol o rueiro non é suficientemente paritario e de aí a necesidade de comenzar a súa modificación. Ademais, comentou que sería moi fermoso que Ferrol fora a primeira cidade de Galicia en contar cun barrio no que todas as rúas teñan nome de muller, no canto de rúas A, B, C, D, E, F, G ou rúas do 1 ao 14.

Sobre as críticas do PP e Ciudadanos, Ruiz afirmou que nin Ana Rodríguez Masafret, nin Verónica Casal, acudiron ao Consello Sectorial. Ademais, censurou que digan que non se trata dunha proposta participada cando na súa elaboración traballaron 15 entidades.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*