Home / Ferrol / Ferrol / Un detido no segundo operativo do último ano por entrega de droga na Solaina

Un detido no segundo operativo do último ano por entrega de droga na Solaina

FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 00:00

A Policía Nacional detivo a un mozo por repartir estupefacientes nas proximidades do campo de fútbol da Solaina, ubicado nas inmediacións do colexio público da barriada naronesa. O corpo de seguridade destacou que é «un punto frecuentado por menores, presuntos clientes principais», no que levouse a cabo «un dispositivo de vixianza para localizar ao autor».

Foi nesa zona onde atopouse ao rapaz, que realizaba estas prácticas «dentro dun dos banquiños do campo». Aínda que quixo «desfacerse da bolsa na que portaba» a droga tras decatarse da presenza policial, comprobouse que gardaba haxix en «porcións preparadas para a súa venda, así como diñeiro fraccionado».

É o «segundo operativo realizado por funcionarios» da comisaría de Ferrol-Narón «na mesma zona en menos dun ano». Previamente, foron detidas «outras dúas persoas que realizaban» os intercambios nos citados banquiños. As instalacións deportivas, lembrou, «atópanse a escasos metros» do centro educativo, «lugar sometido a especial vixianza».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*