Home / Ortegal / Cerdido / Cerdido recrea a malla tradicional coa presenza do presidente da Deputación de A Coruña

Cerdido recrea a malla tradicional coa presenza do presidente da Deputación de A Coruña

Calvo comprobando o traballo de malla tradicional de Cerdido (Foto: Deputación de A Coruña)

Calvo comprobando o traballo de malla tradicional de Cerdido (Foto: Deputación de A Coruña)

FERROL360 | Domingo 8 septiembre 2013 | 20:33

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu esta mañá á recreación da malla tradicional que se celebra cada ano na parroquia de Os Casás, en Cerdido.
Calvo comprobou a implicación dos veciños que traballaron a reo nesta iniciativa, onde participaron máis dun centenar de traballadores ataviados cos traxes típicos da malla e destacou que esta actividade era «unha mostra máis do respecto que temos os galegos hacia as tradicións e, sobre todo, hacia o traballo dos nosos maiores».

Ademáis da recreación da malla tradicional, houbo tempo tamén para unha exposición de maquinaria agrícola e de vehículos antigos que serviron de atractivo a todos os que se achegaron a Cerdido.

Acompañado pola alcaldesa, Ana Rodríguez, e outros membros do goberno local de Cerdido, o presidente da Deputación Provincial tamén puido coñecer o estado das obras da nova nave municipal que se está a construír na parroquia de Os Casás grazas a unha axuda da Deputación de 105.000 euros.

A nave servirá para gardar todo o material agrícola do concello e tamén para conservar pezas antigas que foron restauradas nos últimos anos por unha asociación do municipio, que en palabras de Calvo «teñen moitísima importancia porque recollen a historia dos últimos séculos deste municipio».

Sobre Ferrol360

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies