FERROL360 | Sábado 29 xuño 2019 | 20:02
Os amantes das traiñeiras están de sorte, este domingo ten lugar en Ares a Liga Galega desta modalidade de remo que organiza o Clube de Remo e o Concello de Ares na XXII Bandeira de Ares.
O evento que xa é unha cita deportiva clásica nos veráns no municipio reunirá a 11 traiñeiras que competirán entre sí a partir das 12:00 horas dende o peirao local.
As esperanzas do Clube de Remo de Ares están postas na súa traiñeira e esperan mellorar e como mínimo igualar o posto logrado na edición do ano pasado.
A xornada do domingo corresponde a segunda cita do calendario da Liga Galega de traiñeiras e repartirá 9.000 euros en premios entre os participantes, segundo o baremo da Liga.