Home / Ferrolterra / Fene / 240 prazas para que persoas maiores pasen o Nadal en residencias de tempo libre

240 prazas para que persoas maiores pasen o Nadal en residencias de tempo libre

FERROL360 | Luns 11 novembro 2013 | 17:37

Queda un mes e medio para festexar o Nadal e a tradición manda compartilo en familia. Para moitas persoas, especialmente as da terceira idade, non sempre é doado pasar estas festas en compañía. Por iso, a Área de Servizos sociais do Concello de Fene, aposta por darlle unha alternativa aos nosos maiores evitando que queden sos na casa durante estas datas.

Xuntos polo Nadal é un programa da Xunta de Galicia dirixido a maiores de 65 anos que desexen pasar as festividades de decembro en residencias de tempo libre, en Carballiño ou en Nigrán. En total hai 240 prazas dispoñibles e o prazo para a súa solicitude está aberto ata o vindeiro 25 de novembro.

Levarase a cabo dende o 23 de decembro ao 2 de xaneiro. Contempla o aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata a saída do centro no que se leva a cabo.

Será gratuíto para os solicitantes con ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), mentres que aqueles que superen dito importe contribuirán con 50 euros ao pagamento da estadía.

Algúns dos requisitos son: ser maior de 65 anos, residir en Galicia, non estar acollido en ningún centro residencial ou valerse por si mesmo.

Terán preferencia aquelas persoas que vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas, teñan un menor nivel de ingresos económicos ou de maior idade.

Máis información no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene, no correo electrónico: servizos.sociais@fene.dicoruna.es ou nos teléfonos: 981.492.706 / 981.342.607.

xuntos-polo-nadal1

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies