Home / Cultura / 3DTrans farán rir este mércores ao público da Sala Super 8

3DTrans farán rir este mércores ao público da Sala Super 8

ARY LÓPEZ | Martes 27 agosto 2013 | 14:38

Ride, ride é unha fórmula imperativa. Unha obriga con gusto que vén da man de 3DTrans. Aínda que máis de un podería cometer o erro de traducir ao inglés o espectáculo destas tres ferrolás, o certo é que non se trata de correr o que elas piden, senón de rir. E iso, contemplando o seu número teatral, é ben doado. Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira gañaron o concurso cómico do programa Luar, Os Humorosos. Expertas en facer rir, reviven nunha hora de espectáculo o seu paso por televisión.

Ferrol360 rouboulles un momento do ensaio para falar con elas na véspera da súa actuación na Sala Super 8.

O trío cómico ferrolán 3DTRans

O trío cómico ferrolán 3DTRans

FERROL360 – Canto tempo leva 3DTrans facendo escachar de risa ao público?
3DTRANS – Como conxunto levamos un ano e medio, pero por separado moitos.

360 – A nivel individual, cal é a vosa experiencia profesional?
3D – As tres somos actrices. Dúas de nós, cómicas, e outra, monologuista. Ademais, temos unha pallasa, titiriteira… A que máis tempo leva en teatro son dezaseis anos.

360 – Nalgunha actuación, metédesvos co pouco humor que teñen os ferroláns.
3D – É unha crítica con cariño, facémolo para rirnos de nós mesmas, xa que ese é o noso propósito. De feito, fóra da comarca de Ferrol nos tratan dunha forma ‘bastante especial’… Parece que hai que ter un acento determinado para traballar na TVG.

360 – Hai en Ferrolterra algún conxunto semellante a vós?
3D – Agora mesmo non, porque a verdade é que somos un trío atípico. É difícil adaptar un estilo cando unha é dramática, outra monologuista e outra pallasa. Abarcamos un espazo bastante amplo e iso supón unha difícil adaptación.

360Ride, ride pode dar lugar á confusión para aqueles afeccionados ao plurilingüismo.
3D – Nas actuacións facemos esa coña co título. Algunha vez nos teñen contestado: é que eu son tan moderna…!!

360 – Para un grupo da comarca, dar o salto á televisión autonómica ten que ser reconfortante. Cales foron os resultados de gañar o concurso Os Humorosos?
3D – O balance foi moi bo, porque nos xuntou. Aínda que Luar é un programa que se critica bastante, o certo é que nos impresionou a calidade coa que traballan. Valeunos positivamente porque as tres somos mulleres de escena. O que pasa é que a televisión ás veces encasilla, hai que adoptar sempre o mesmo estilo e iso non nos gusta. Porque a orixinalidade e diversidade é o que nos caracteriza.

360 – Vindeira parada para 3DTrans?
3D – Parar un pouco. En setembro unha de nós estará fóra da cidade. O seguinte que queremos é traballar nun espectáculo novo e espallar Ride, Ride por toda Galicia.

3DTrans actuarán este mércores na Sala Super 8 a partires das once da noite. A entrada é gratuíta.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies