Home / Opinión / De quen vés sendo? / 40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán

40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán

FRAN IGLESIAS | De quen vés sendo? | Xoves 24 marzo 2016 | 17:22

Este xoves 24 de marzo conmemóranse os 40 anos da Refundación do Ateneo Ferrolán. Este Ateneo é, como ben escribía o historiador e escritor Guillermo Llorca fai trinta anos, «un importante anaco da historia cultural de Ferrol». Un Ateneo que é a herdanza directa dos vellos Ateneos ferroláns que existiron en Ferrol desde o século XIX. Unha entidade nada na nosa cidade no ano 1879. Diferentes etapas pero unha mesma dirección. Difundir e cultivar as ciencias, as letras e as artes e fomentar a nosa lingua e a nosa cultura.

Atopámonos, sen dúbida, na etapa máis longa e probablemente a máis frutífera de todas. A cultura por riba de todo. Música, teatro, pintura, danza, fotografía, poesía, proxeccións, exposicións, coloquios, cine e un longo etcétera de actividades prográmanse diariamente no noso centro. Centro situado nun edificio do século XVIII do histórico barrio da Madalena e restaurado fai poucos anos e que da cabida a todas as nosas actividades así como a moitas actividades organizadas por outras asociacións que, precisamente, escollen o noso centro para realizalas por ser «un lugar de encontro para a cultura», como ben di o noso lema.

Con moito orgullo podemos falar da nosa Biblioteca-Hemeroteca. Especializada en fondos de temática galega e de Ferrol e do conxunto da nosa comarca e considerada de Especial Interese para Galicia e integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Composta na actualidade por máis de 10.000 volumes e na que podemos atopar, entre outras, cabeceiras completas únicas de xornais como o de Ferrol Diario-El Norte. Ademais de ser a única hemeroteca da comarca.

Corenta anos desta nova etapa. Corenta anos dando continuidade ás nosas actividades. Corenta anos creando e xestionando cultura. Corenta anos sendo un referente cultural da nosa cidade e da nosa comarca. Corenta anos de portas abertas á tolerancia, á diversidade e á pluralidade. Corenta anos facendo certas aquelas verbas que escribira Llorca fai tres décadas «Pero algo haberá para que a pesar de todo a semente prantada fai máis de cen anos continúe dando os seus froitos».

Fran Iglesias, membro da Xunta Xestora do ateneo Ferrolán.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies