FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 21:33
Desde este xoves e ate o vindeiro domingo a fragata Álvaro de Bazán fica no peirao de Transatlánticos do porto da Coruña como parte da Agrupación Marítima Permanente número 1 da OTAN.
O buque chegou coa fragata turca Gediz, a corbeta xermana Erfurt e a fragata danesa Niels Juels, o que está ao mando da Agrupación.
O continxente foi recibido polo capitán de navío, Suárez Fonseca, Comandante Naval da Coruña e Comandante das Unidades da Forza de Acción Marítima en Ferrol.
Será o sábado cando as portas dos buques permanezan abertas de 10:00 a 13:00 horas para as visitas. O domingo sairán rumbo ao Atlántico Norte.