Home / Sociedad / Naturaleza / A andaina entre Santiago e Fisterra organizada por Neda remata este domingo

A andaina entre Santiago e Fisterra organizada por Neda remata este domingo

FERROL360 | Sábado 6 abril 2019 | 19:11

A caminata entre Santiago e Fisterra organizada polo Concello de Neda remata este domingo 7 de abril coa chegada ao cabo do mundo. Os excursionistas rematarán en Fisterra unha viaxe de 25 quilómetros. No regreso dos viaxeiros o Concello os agaxará con música, viandas e recibirán a Fisterrana.

Neda recibirá aos peregrinos despois de que estes completarán catro xornadas nas que percorreron case 100 quilómetros entre elas. A última delas cubrirán un tramo de 25 quilómentros que é a distancia que existe entre a ermida de Nosa Señora das Neves e o faro situado na fin do mundo.

A saída será ás 07:30 horas do albergue de peregrinos e unha parte da viaxe farase en autobus co que tamén se fai a viaxe de regreso.

A actividade entre a capital de Galicia e Fisterra comenzou o pasado 17 de marzo e está a piques de rematar aínda que polo éxito que tivo esta edición o Concello xa está pensando na seguiente cita.

Os puntos positivos de camiñar xunto ao coñecemento do noso patrimonio artístico, histórico, cultural e natural e a socialización que se consigue grazas a actividades fai que a xente repita máis veces.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies