Home / Sociedad / Educación / A ANPA Baluarte do IES Canido lanza unha curiosa campaña para renovar a directiva

A ANPA Baluarte do IES Canido lanza unha curiosa campaña para renovar a directiva

FERROL360 | Luns 10 novembro 2014 | 19:37

Despois de catro anos no cargo, a actual directiva da ANPA Baluarte do IES Canido considera que é o momento de «pasar a testemuña a un novo equipo que traia ansias e caras novas». Por iso convoca unha asemblea de socios para este martes ás 18:15 horas no salón de actos do instituto da que confían saia unha nova directiva.

Para animar á participación dos pais e nais, a actual directiva ten en marcha unha curiosa campaña protagonizada por persoeiros ben coñecidos por todos. Así, asistirán ao acto os xogadores de fútbol Messi e Cristiano Ronaldo, tamén estarán algúns dirixentes de Podemos con Pablo Iglesías á cabeza, Obama e o mesmo George Clooney.

Algúns tiveron que excusar á súa ausencia, como Isabel Pantoja ou Iñaki Urdangarín. Tampouco poderá asistir á asemblea o ministro de Educación. Aquí podedes ver a campaña completa. Un toque de humor co fin de que o IES de Canido non quede sen representación oficial dos pais e nais dos alumnos.

Minutos antes da asemblea, ás 17:30 horas, a ANPA presentará a Axenda Escolar Navegantes. No acto estará presente o profesorado do centro que a levou a cabo.

Por outra banda, a ANPA tamén deu a coñecer os datos finais sobre o sistema de préstamo solidario de libros de texto que levaron a cabo este curso. En total, participaron 264 familias e acadouse a cifra de 1399 libros en préstamo, o que supón un aforro aproximado duns 42.000 euros.

Campaña da ANPA Baluarte (foto: ANPA)

Campaña da ANPA Baluarte para renovar a directiva (foto: ANPA)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*