Home / Sociedad / Educación / A ANPA do CEIP Recimil intervirá este venres no Pleno extraordinario de Ferrol

A ANPA do CEIP Recimil intervirá este venres no Pleno extraordinario de Ferrol

FERROL360 | Xoves 17 setembro 2015 | 10:08

A problemática xurdida este curso no CEIP Recimil debatirase este venres no Pleno extraordinario do Concello de Ferrol. Nun comunicado, a ANPA informa que os pais e naiss poderán intervir na sesión plenaria grazas á presentación por parte do BNG dunha moción sobre esta situación.

«Solicitaremos o apoio institucional do Concello para as nosas reivindicacións en defensa dos dereitos dos nosos fillos», advirten no texto. Nos últimos días o goberno local xa amosou o seu apoio aos pais e nais afectados por esta problemática.

A ANPA convoca a toda a comunidade educativa do CEIP Recimil, así como a todas as entidades e veciños de Ferrol que desexen apoiar as súas reivindicacións, a concentrarse este venres diante do Concello ás 9:30 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies