Home / Actualidad / A Asociación de Montes Veciñais do Cha continuará reivindicando a devolución dos terreos

A Asociación de Montes Veciñais do Cha continuará reivindicando a devolución dos terreos

REBECA COLLADO | Ferrol | Martes 4 agosto 2015 | 17:12

Despois de que o Xurado de Montes da Coruña decidira non clasificar os montes do Cha como terreo en man común, a Asociación de Montes Veciñais do Cha asegura que «seguiremos pelexando para a devolución dos montes». O presidente da entidade, Pedro Deus, avanzou que en setembro terán unha xuntanza cos seus avogados para fixar os vindeiros pasos a dar.

Os motivos polos que o Xurado de Montes non clasificou os terrenos como man común baséanse en que hai persoas que reclaman propiedades privadas, pero segundo indica Deus, «en todas as decisión que se tomaron a través do Xurado para a declaración de montes comunais sempre hai reclamacións privadas».

Ademais, advirte que o Xurado non é o órgano competente para devolverlles os montes a esas persoas porque terían que acudir á vía xudicial. Por iso afirma que «non entendemos como no noso caso ese é o argumento que utilizan para non declaralos». Con todo, o secretario da entidade, Ramón Landín, di que perderon unha batalla coa Xunta «pero non a guerra» e seguirán loitando ata que devolvan eses montes aos seus propietarios, é dicir, ós veciños de Brión e Doniños.

Tampouco entenden desde a Asociación porque os montes de Covas e San Xurxo xa foron devoltos en man común ás parroquias e no seu caso aínda non está resolto este problema. Culpan desta situación ao Partido Popular porque o único que fai é «enganarnos e poñer trabas para que non se devolvan os montes», afirma Landín.

Apoio do goberno e BNG

Neste senso, critican a postura dos populares ferrolanos que non respaldaron a moción do BNG no pleno do 2 de xullo para a recuperación dos montes veciñais. Por outra banda, agradecen o apoio do goberno local e do BNG que respaldan as súas reivindicacións e advirten que «quizá loitemos con máis brios polo apoio do Concello».

Mentres, a concelleira de Patrimonio e Zona Rural, Rosa Méndez, afirmou que van ter o apoio do goberno «como o primeiro día» e convida a PP e Ciudadanos, que non apoiaron a moción, a «escoitalos nas súas reivindicacións» porque «é unha demanda xusta». Ademais, incidiu en que «non se entende» que anteriormente si apoioran esta reclamación e agora non.

Méndez tamén fixo referencia á declaración de montes de man común en San Xurxo e Covas e declarou que «dame a sensación de que estamos ante un agravio comparativo» porque «uns veciños non poden ter razón en San Xurxo e outros ter unha razón distinta para os montes do Cha».

Integrantes da entidade este martes ás portas do Concello de Ferrol (foto: R.C.)

Integrantes da entidade este martes ás portas do Concello de Ferrol (foto: R.C.)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies