Home / Eume / As Pontes / A Aula CeMIT de As Pontes convoca dous cursos gratuítos de informática

A Aula CeMIT de As Pontes convoca dous cursos gratuítos de informática

FERROL360 | Domingo 17 xuño 2018 | 17:18

A Aula da Rede CeMIT de As Pontes porá en marcha dúas novas actividades gratuítas durante este mes de xuño. A primeira delas trata dun curso de Introducción ó Deseño Gráfico con Inkscape e a segunda un curso de Introducción ó Deseño Web: HTML e CSS.

Estas accións formativas daranse na Aula CeMIT das Pontes sita no soto do Edificio Dopeso, na rúa Rosalía de Castro, 28. A partires do día 18 de xuño dará comezo o curso de Deseño Gráfico con Inkscape que ten como obxectivo o manexo básico do software Inkscape.

O horario do curso é polas mañás de 10:00 a 12:00 horas e finalizará o 21 de xuño. Días máis tarde, o 25 será o inicio do curso de Introducción ó Deseño Web: HTML e CS que rematará o 28 de xuño.

Neste curso introdutorio os participantes poderán obter coñecementos básicos sobre a programación Web con HTML e CSS en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Para solicitar información ou pedir o acceso a estes cursos as persoas interesadads poden acudir á Aula CeMIT das Pontes sita no soto do Edificio Dopeso na rúa Rosalía de Castro 28, chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*