Home / Sociedad / Educación / A aula CeMIT de San Sadurniño pecha ata setembro e fai un balance moi positivo do que vai de ano

A aula CeMIT de San Sadurniño pecha ata setembro e fai un balance moi positivo do que vai de ano

FERROL360 | Domingo 3 agosto 2014 | 18:59

A aula CeMIT do Concello de San Sadurniño pecha por vacacións ata o vindeiro 4 de setembro, intre este, que aproveitan para facer balance dos primeiros meses do ano.

Uns meses nos que houbo 50 altas de usuarios novos, dez cursos impartidos dun total de 175 horas, 75 alumnos e catro videoconferencias. Ademáis, hai que engadirlle o proxecto web Fálame de San Sadurniño que recibiu preto de 40.000 visitas e segue activamente a lembrar a historia do Concello por medio de sons, vídeos, documentos e imaxes.

Nestos meses levouse a aula polas parroquias de Camiño Arriba, Lamas e Igrexafeita, onde celebráronse cursos de iniciación á informática e ao uso de internet.

Como destacan os responsables da Rede CeMIT de San Sadurniño, a aula non só se limita a formar aos veciños, senón tamén a ser punto de encontro de emprendedores e, por riba de todo, unha referencia de dinamización social do municipio.

A partir do 4 de setembro a aula da Rede CeMIT retoma a súa actividade co mesmo horario e con novas propostas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*