Home / Ferrol / Ferrol / A AVV Val de Esmelle organiza a Feira de Nadal este domingo

A AVV Val de Esmelle organiza a Feira de Nadal este domingo

FERROL360 | Mércores 3 decembro 2014 | 13:24

Un ano máis, a asociación de veciños Val de Esmelle organiza a Feira de Nadal, que se desenvolverá nunha carpa situada no local social da entidade. A feira terá lugar o domingo 7 de decembro e o programa contempla un sen fin de actividade para toda a xornada.

Así, ás 10:00 horas será a inauguración da feira coa apertura dos postos de artesanía, produtos da terra, roupa, adornos propios do Nadal e antigüidades, entre outros. A esa mesma hora dará comezo tamén un obradoiro de cestos con bimbios.

Non será o único obradoiro, xa que ás 12:00 haberá dous máis, un de zoqueiro e outro de scrap para nenos. Media hora máis tarde, que xa a barriga comezará a protestar, haberá unha degustación de algas e ás 13:00 horas sesión vermú.

As motos de Enduro chegarán ás 13:30 horas e ás 14:00 horas comezará o xantar con polbo, churrasco e callos. Depois de repousar un pouco a comilona, chégalles o turno ós amantes do coiro, xa que ás 15:30 horas terá lugar un obradoiro.

Seguiralle un taller de permacultura para nenos ás 16:30 horas e unha exhibición de zumba ás 17:30 horas. Os maiores tamén terán oportunidade de participar nun obradoiro de scrap a partires das 18:30 horas.

A música chegará ás 20:00 horas da man do grupo Alén de Ancos e para entrar un pouco en calor tamén haberá unha degustación de caldo galego. A ración terá un prezo de 2 euros. A feira de Nadal pecharase cun sorteo de agasallos ás 21:00 horas.

Todas as actividades son de balde e non precisan inscrición.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies