Home / Cultura / A Banda Ferrolá de Música actuará no Auditorio nun ciclo de concertos de balde

A Banda Ferrolá de Música actuará no Auditorio nun ciclo de concertos de balde

FERROL360 | Venres 22 xaneiro 2016 | 19:24

Desde a ópera á zarzuela, pasando pola música galega e celta ata chegar as sinfonías do mundo, así será o novo ciclo de concertos que a Concellería de Cultura de Ferrol pon en marcha da man da Banda Ferrolá de Música.

Os recitais serán un domingo de cada mes desde febreiro ata maio, ás 12:00 horas no Auditorio de Caranza, con entrada de balde ata completar o aforo. Trátase dunha iniciativa novidosa que busca achegar a música á veciñanza.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e o director da Banda, Narciso Pillo, foron os encargados de presentar a iniciativa este venres. O edil explicou que «é un proxecto ambicioso que coido que vai ser un acerto completo e celebrado con éxito, que xa ben funcionando moi ben en cidades como Coruña ou Santiago».

Basterrechea destacou ademais que é a primeira vez que se abren as portas do Auditorio a Banda Ferrolá e o público, en xeral, a custo cero. Pola súa banda, Pillo subliñou que é un concerto pensado para toda a familia e que tentaron abarcar todos os gustos.

Datas dos concertos

O programa arrancará o 14 de febreiro cunha mañá de ópera; o 13 de marzo chegará un recital de zarzuela; o 24 de abril será o turno para a música galega e celta; o 22 de maio adicarase á música de vento para o século XX e o 19 de xuño finalizará con música sen fronteiras.

A Banda Ferrolá, da que forman parte un total de 41 músicos cunha media de idade de 22 anos, celebra este 2016 o seu 15 aniversario desde que tivo lugar o primeiro ensaio como agrupación, no outono do 2001.

3 comentarios

  1. Antes os facían no Cantón

  2. Sr Basterrechea: Es ciero que hace usted los contratos del mismo modo que Beatriz Sestayo?.

    Si es así comete usted un error y se aparta del mandato de Ferrol en Común de: Ética y Transparencia

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies