Home / Ortegal / Cerdido / A Barqueira celebra este domingo a súa XXII Feira do Cabalo

A Barqueira celebra este domingo a súa XXII Feira do Cabalo

J. M. AMENEIROS | Martes 1 abril 2014 | 13:55

A Barqueira, no concello de Cerdido, celebra este domingo día 6 a súa Feira do Cabalo número vinte e dous. Os que queiran participar poden inscribirse ata a mesma xornada do certame, o cal premiará aos mellores animais en varias categorías pola súa planta, e tamén aos mellores en varias modalidades de andadura e trote. O lugar? O campo da feira da Barqueira, no lugar do Porto.

Alí, dende pola mañá e paralelamente á feira da Barqueira, comezará a premiarse aos mellores cabalos da feira nas seguintes categorías: mellor poldro menor de tres anos, mellor poldro deste ano, mellor semental, mellor egua con cría, mellor cabalo ou egua de cadeira e mellor percherón ou raza similar.

Logo, xa pola tarde, terá lugar a tradicional competición, onde os equinos disputaranse os trofeos de andadura serrada, andadura de trotóns, andadura chapeada, trote do cabalo do país e trote de trotóns.

A organización informóu de que as decisións do xurado son inapelables. Ademáis, din que os cabalos teñen que estar debidamente legalizados para poder recibir un premio. Esta XXII Feira do Cabalo está organizada pola Unión Deportiva Cebarca, coa colaboración do Concello de Cerdido, e adoita recibir moitos visitantes ano tras ano.

Cartel da 22 Feira do Cabalo

A XXII Feira do Cabalo celébrase o domingo 6 de abril no campo da feira da Barqueira, no lugar do Porto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies