Home / Cultura / As bibliotecas de Neda e Ferrol celebran novas sesións de fomento á lectura

As bibliotecas de Neda e Ferrol celebran novas sesións de fomento á lectura

FERROL360 | Martes 10 marzo 2015 | 13:34

A biblioteca municipal de Neda acolle este mércores unha nova sesión do programa infantil Lesme un conto?, que se celebrará a partir das 18:00 horas.

Esta actividade de fomento á lectura consiste en que as familias acudan á Casa da Cultura do municipio para compartir lecturas cos máis pequenos da casa. A actividade non necesita inscrición previa, é gratuíta e repítese mércores alternos.

Segundo a concelleira de Igualdade e Cultura, Eva Olmo, a sesión de mañá estará centrada na conmemoración do Día Internacional da Muller, polo que os participantes nesta sesión lerán textos nos que a muller sexa a protagonista ou ben a autora.

Pola súa parte, o Concello de Ferrol tamén retoma a súa sesión de lectura quincenal que leva como nome «A hora do conto» xunto aos membros da Compañía Trinke Trinke, que serán os encargados de contar os contos durante toda a tarde.

Os interesados en asistir a esta actividade, o venres a partir das 18:00 horas, poderán recoller unha invitación no mostrador da planta baixa da biblioteca da Plaza de España ó longo da semana e ata completar aforo.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies