Home / Sociedad / Educación / A campaña da Xunta «O corazón está do teu lado» forma ós máis novos nos hábitos de seguridade viaria

A campaña da Xunta «O corazón está do teu lado» forma ós máis novos nos hábitos de seguridade viaria

FERROL360 | Venres 15 abril 2016 | 12:58

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou este venres o CEIP Unión Mugardesa, onde os nenos de 1º e 2º de Primaria están a participar na campaña de educación viaria da Xunta «O corazón está do teu lado». Unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar hábitos e condutas seguras entre os cativos.

O goberno galego distribuíu unidades didácticas nos colexios galegos e tamén 6.000 dispositivos led en forma de corazón para concienciar aos cativos da importancia de empregar as sendas peonís, camiñar sempre pola marxe esquerda da estrada ou de facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía para evitar accidentes.

A conselleira indicou que neste mesmo obxectivo de seguridade viaria enmárcase unha actuación que se vai licitar na vindeira semana, a mellora do trazado na estrada Fene-Mugardos, na AC-133, en Fonte Grande, que contará cun investimento que supera os 300.000 euros.

A intervención nesta estrada suporá ampliar o radio de dúas curvas, que quedarán suprimidas coa execución dun trazado alternativo máis cómodo e seguro; e modificar dúas interseccións, ao inicio e ao final do treito no que se actúa, para permitir os xiros e os cambios de sentido en condicións de maior seguridade.

Vázquez tamén lembrou que o seu departamento presentou esta semana en Ferrol a primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, que recolle a construción de dúas novas sendas no Concello de Mugardos, que suporán un investimento de máis de 1,2 millóns de euros.

Trátase dos itinerarios ubicados na AC-130, entre Ares e Mugardos, cunha lonxitude de 2,7 km de lonxitude e na AC-133, de Franza a Rinlo, de 1,5 km. Estas sendas, xunto coa proxectada na AC-133 entre Fene e Franza, sumadas ás beirarrúas xa existentes, deixarán comunicadas a través de itinerarios peonís as capitalidades dos concellos de Ares, Fene e Mugardos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies