Home / Sociedad / Naturaleza / A campaña de limpeza «Móllate polos Ríos» chega este domingo a San Sadurniño

A campaña de limpeza «Móllate polos Ríos» chega este domingo a San Sadurniño

FERROL360 | Xoves 24 setembro 2015 | 10:36

A xornada de limpeza «Móllate polos Ríos», impulsada por ADEGA dentro do Proxecto Ríos, chega este domingo a súa VIII edición e desenvolverase en 40 concellos de toda Galicia. En San Sadurniño a limpeza farase nun tramo do río Aceiteiro e os interesados en participar deben inscribirse chamando ao teléfono 687.535.344 ata este venres.

Só fai falla levar botas de auga e roupa impermeable por se chove, o resto do material necesario e da loxística de apoio corre a cargo do Concello. A saída será ás 10.00 horas de diante da Casa da Cultura. A actividade está aberta a voluntarios de todas as idades.

O río é un ecosistema complexo que cómpre manter nas mellores condicións posibles para un bo desenvolvemento da flora e da fauna. No outono prodúcese un parón biolóxico e por iso é a mellor época para facer tarefas de limpeza e mantemento tanto nas ribeiras como dentro da auga.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies