FERROL360 | M?rcores 27 novembro 2013 | 14:18
Mar?a Xos? Silvar (S?s) ? unha desas mulleres que medran enriba de cada escenario. Esta compositora e int?rprete de enorme carisma contaxia o amor pola vida ao mesmo tempo que declara o seu inconformismo existencial. Galega de pura cepa, fai m?sica con coraz?n dende a m?is honesta sinceridade. Non conv?n perderlle a pista, porque leva conseguido moito en pouco tempo. Ser? cuesti?n de xenio.
Despois de debutar no ano 2011 con Admirando a condici?n, percorre agora Galicia presentando os temas que compo?en Co xenio destrozado, o seu segundo traballo discogr?fico. Nel, hai sitio para case todo. Pezas de blues, rock, swing e mesmo habaneiras xorden do esp?ritu dunha muller potente que ataca ao p?blico cunha arma infalible: a s?a propia voz. Tam?n a acompa?an os m?sicos Tito Calvi?o (guitarra), Marcos Pazo (bater?a) e Fran Sanz (baixo).
Xuntos, actuar?n este xoves no escenario do Pazo da Cultura de Nar?n. Para o concerto, que comezar? ?s 20:30 horas, as entradas custan 9 euros e p?dense adquirir de maneira anticipada no tel?fono 981 102 897.