Home / Cultura / A cantante Silvia Penide actúa este xoves no Centro Cultural Torrente Ballester

A cantante Silvia Penide actúa este xoves no Centro Cultural Torrente Ballester

ARY LÓPEZ | Mércores 9 outubro 2013 | 16:52

Noites na Capela, o ciclo promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, aposta este xoves pola canción comprometida. Chega ao Torrente Ballester a sensibilidade, a maxia das palabras feitas música soando na boca de Silvia Penide. A súas letras son solidarias, cheas de forza, valor e sentimento, e visita Ferrol con novo traballo discográfico titulado Animal de compañía. Un disco ao que a artista admite ter que «coidar porque é a miña responsabilidade, e porque me dá tantas satisfaccións». De aí que sexa a súa mascota máis prezada; unha obra que recolle o seu lado máis persoal e atrevido.

A cantante coruñesa leva máis dunha década de carreira musical, e este último disco, o seu quinto álbum, representa a experimentación recollida na gravación do mesmo. Os músicos que o fan posible, artellaron nun directo as músicas semellando pinceladas sonoras poñendo a súa máxima expresividade. Fernando Lamas (batería), Serxio Moreira (teclados e iPad), Rubén Barros (guitarra) e Fran Castro (piano) son os animais que acompañan a Silvia Penide.

As entradas para ver o concerto que comezará ás 21:00 horas custan 4 euros e poden adquirirse de maneira anticipada no despacho do teatro Jofre ou na web do Concello de Ferrol.

Silvia Penide actúa este xoves na capela do Torrente Ballester (Foto: cedida)

Silvia Penide actúa este xoves na capela do Torrente Ballester (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies