Home / Cultura / A cantante Uxía actuará o día 2 de xaneiro en Neda

A cantante Uxía actuará o día 2 de xaneiro en Neda

FERROL360 | Martes 26 decembro 2017 | 11:01

A cantante galega Uxía ofrecerá un concerto o vindeiro día 2 de xaneiro en Neda da man do espectáculo Nadal Novoneyra, a través da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Trátase dunha cita na que a voz de Uxía interpretará textos do poeta do Caurel, acompañada polo músico brasileiro Sérgio Tannus. O repertorio inclúe temas do seu último álbum, que leva por título Uxía/o.

A Casa da Cultura acollerá a actuación que dará comezo ás 20.30 horas e para a que será necesario ter invitación. A retirada das mesmas pódese levar a cabo, a partir deste venres, día 29 de decembro, no centro cultural e o mesmo día do espectáculo antes de que este dea comezo.

O concerto está aberto a todos os públicos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies