Home / Eume / A Capela / A Capela e Deputación colaboran para atender as visitas en Caaveiro

A Capela e Deputación colaboran para atender as visitas en Caaveiro

FERROL360 | Domingo 12 xaneiro 2020 | 14:50

O Concello da Capela e a Deputación da Coruña colaborarán, un ano máis, no mantemento do servizo de atención a visitantes e a programación cultural vinculada ao mosteiro de Caaveiro.

Valentín González, o presidente da Deputación, e Manuel Meizoso, o alcalde asinaron o convenio polo que o Concello seguirá ocupándose do servizo de atención de visitantes e a divulgación e organización de diversas actividades culturais.

Así, a programación de actividades culturais quedan aseguradas durante todo o ano 2020.

O Concello encargase do servizo de atención a visitantes neste cenobio do século X ubicado no corazón das Fragas do Eume.

A distribución do orzamento será a seguinte: 28.000 euros irán para contratar persoal de atención aos visitantes e os 42.000 restantes destinaranse a elaborar unha programación cultural.

A oferta contará con actividades que van desde o Trail Mosteiro de Caaveiro ata o concurso anual de fotografías, pasando por eventos especiais que contribuirán a incrementar a afluencia de visitantes durante a etapa estival.

O obxectivo desta partida presupuestaria é axudar a incrementar o número de visitantes. O mosteiro recibiu o ano pasado 60.572 visitas, 4.300 máis que en 2018

Horario de visitas

O convenio recolle o calendario de atención a visitantes previsto para 2020 que ten o seguinte horario.

En Semana Santa, entre venres anterior e o luns posterior á Semana Santa o mosteiro estará aberto todos os días da semana, incluidos domingos e festivos de 11:00 a 19:00 horas.

En primavera, entre o martes posterior á Semana Santa e o 30 de xuño, ambos inclusive, estará aberto os venres, sábados, domingos e festivos de 11:00 a 18:00 horas.

No verán, entre o 1 de xullo e o 15 de setembro o cenobio estará aberto todos os días da semana, domingos e festivos incluidos, en horario de 10:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

A tempada de outono-inverno o mosteiro abrirá dende o 16 de setembro a Semana Santa os venres, sábados, domingos e festivos. O horario é de 11:00 a 19:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies