Home / Eume / A Capela / A Capela licita o acondicionamento do Campo da Feira e a pavimentación da vía Os Calzados-San Boulo

A Capela licita o acondicionamento do Campo da Feira e a pavimentación da vía Os Calzados-San Boulo

FERROL360 | Domingo 16 xullo 2017 | 12:42

O Boletín Oficial da Provincia publicou esta semana a licitación de dúas obras no municipio da Capela, financiadas polo Plan Único da Deputación da Coruña. Trátase do acondicionamento do Campo da Feira e da pavimentación da vía Os Calzados-San Boulo. Actuacións que contan cun orzamento total de preto de 180.000 euros.

As obras no Campo da Feira permitirán reformar esta zona e mellorar a súa ordenación dando prioridade ás zonas peonís. A totalizade da praza repavimentarase con formigón para unificar as alturas de todo o conxunto e facela así máis accesible.

Para conectala coas distintas vías e estradas anexas instalaranse ramplas de transición e bordes de delimitación de maior rugosidade, que actuarán coma avisos sonoros cando os vehículos invadan as áreas de circulación peonil.

As obras, que reciben un total de 76.425 euros, tamén incluirán a distribución dos puntos de luz necesarios, a colocación de dous bancos e dúas papeleiras e a plantación de dúas cerdeiras xaponesas, co obxectivo de humanizar a zona.

Pola súa banda, a pavimentación da vía municipal de Os Calzados a San Boulo licítase por un importe total 102.415 euros. As obras consistirán na limpeza e reparación do tramo de 1.165 metros da estrada local que comeza no cruce da estrada autonómica AC-121, en Os Calzados, ata o núcleo rural de A Igrexa-O Pazo.

No ramal do lateral do cemiterio, ampliarase a plataforma ata acadar os 5,20 metros de ancho e se executará unha plataforma para poder colocar os contedores sobre a mesma. Paralelamente, tamén se executará unha pequena rampla de acceso á parada de autobús de San Boulo, co obxectivo de eliminar as barreiras arquitectónicas para persoas con mobilidade reducida.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies