Home / Opinión / 'Ferrol Rebelde' / A Capela Sistina Galega

A Capela Sistina Galega

Flor do castiñeiro na 'Capela Sistina Galega' do Casino Ferrolán (foto: M.A.)

Flor do castiñeiro na ‘Capela Sistina Galega’ do Casino Ferrolán (foto: M.A.)

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ | Venres 21 outubro | 11:43

En 1925 Rodolfo Ucha concluíu o monumental edificio do Casino Ferrolán e Bello Piñeiro comezou a decorar a súa Sala de Conversas. En tres etapas, ao longo de máis dunha década, vai completar un conxunto mural considerado a Capela Sistina Galega. Unha creación de cento cinco metros cadrados onde exalta a paisaxe autóctona como un dos trazos do ser auténtico e diferente de Galiza.

O pintor do Seixo inundou os casetóns do teito e as paredes da flora galega emblemática: castiñeiro, carballo, piñeiro, toxo e xesta. Engadiu a esta harmoniosa ornamentación: o escudo do Casino, un medallón, dúas representacións de Santo André, unha réplica do lenzo Beiramar, un Nocturno e outro de Doroña. A Sala de Conversas convértese nun canto de amor á Nai Terra Galega. Consegue, como anhelaba Castelao, «pintar en galego».

Na revista Nós de febreiro de 1923, el mesmo deixou escrito que a pintura galega desexaba expresar «un feixe de cousas que non foron tratadas até agora pictoricamente ou fórono con pouca fondura. O papel que en todo isto representa a idea nacionalista é de reclamar a técnica e a atención dos artistas para un tesouro estético estético case intacto».

Bello Piñeiro continuou co seu compromiso irmandiño durante a Segunda República, cando as Irmandades se transformaron no Partido Galeguista. Ademais protagonizou o primeiro acto público en idioma galego do Casino Ferrolán. Así o anunciaba García Pereira no xornal El Pueblo Gallego do sábado 10 de xuño de 1933: «Hoxe subirá á nosa tribuna galeguista o ilustre paisaxista e xurdío crítico de arte, irmán Bello Piñeiro. A xentileza da directiva da distinguida sociedade ferrolán pon á nosa disposición os seus magníficos salóns de actos para que pola primeira vez resoe no Casino o acento dondo e varudo, esgrevio e verboso, rexo e maino da nosa doce fala».

*Os roteiros ‘Ferrol coas Irmandades da Fala’ guiados por Marcos Abalde son os sábados de outubro (1, 8, 15, 22 y 29) ás 17:00 horas e coa entrada de balde. Inscrición previa no teléfono 640 65 13 14 ou no enderezo electrónico gnl@ferrol.es.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies